Member of The Internet Defense League Últimos cambios
Últimos Cambios
Blog personal: El hilo del laberinto Geocaching

Anteproyecto

Última Actualización: 26 de Mayo de 1.996 - Domingo

Desarrollo de una Herramienta Software para el Acceso a Redes TCP/IP a través de la Red Telefónica Conmutada


Proyectando: Jesús Cea Avión
Tutor: Manuel Ramos Cabrer



Este texto fue entregado el 24 de Mayo de 1.996 (Viernes). Está escrito en Gallego

Obxectivos

O obxectivo deste proxecto consiste na elaboración dunha serie de ferramentas software que permitan o acceso dun ordenador persoal á rede mundial "Internet" (familia de protocolos TCP/IP), a través dun módem telefónico. Para elo é preciso o desenvolvemento dunha serie de módulos que incorporen as funcionalidades básicas (IP, TCP, UDP, ICMP, SLIP, etc.), así como a implementación dos protocolos mínimos que o usuario vai precisar (DNS, TELNET, FTP).

Máis concretamente, o que se busca con este Proxecto é:

  • Creación do software necesario para que un ordenador persoal poda acceder a unha rede TCP/IP (en especial "Internet") a través dun módem telefónico. Inclúe tanto protocolos como software de aplicación

  • Acceso á rede mediante protocolos punto a punto SLIP e PPP

  • Acceso á rede de commutación de paquetes de radioaficionado mediante o protocolo AX.25

  • Capacidade de execución multitarea dos diversos protocolos e aplicacións gracias a un microkernel propio

  • Ademáis de ter capacidade de funcionamento independente, preténdese que o software elaborado permita a súa utilización dende programas de terceiras partes, mediante o uso de librerías

  • Os módulos programados deberán funcionar sen modificacións en unha amplia variedade de equipos informáticos persoais, e deberá ser deseñado coa idea da máxima portabilidade e compatibilidade posible

En resume, preténdese crear unha ferramenta que permita a calquera usuario o acceso a unha rede TCP/IP dende a súa casa, aproveitando o servicio suministrado por unha entidade proveedora, e xestionando tódolos protocolos básicos que un usuario pode demandar, sen esquecer -asemande- o diseño modular para facilitar ó máximo a implementación de novas funcionalidades, incluso por parte de terceiros.


Plan de Desenvolvemento

O plan de desenvolvemento previsto deste Proxecto é o seguinte:

  • Primeira fase: Etapa de documentación e análise. Neste etapa se realizará un estudio detallado das necesidades a cubrir para acada-los obxectivos propostos e se decidirá sobre a mellor alternativa. O tempo estimado de execución é de vinte días.

  • Segunda fase: Nesta segunda etapa realizarase a implementación dos protocolos básicos: SLIP, IP, ARP e ICMP. A continuación procederase a unha verificación exhaustiva do seu correcto funcionamento. O período asignado a esta tarefa é de vinte días. Inclúe tamén todo o desenvolvemento dos módulos complementarios, como a xestión de memoria ou a manipulación do hardware.

  • Terceira fase: O terceiro paso é implementa-los protocolos de transporte UDP e TCP e comproba-la sua execución sen fallos incluso ante situacións moi adversas. O plazo de execución será de quince días.

  • Cuarta fase: Desenvolvemento dos módulos de aplicación: Echo, Discard, DNS, Telnet e FTP. Verificación dos mesmos. Esta etapa ten unha duración estimada de trinta días.

  • Quinta fase: Implantación do protocolo PPP (Point-to-Point Protocol) e verificación final de todo o sistema. O tempo previsto para esta fase é de vinte días.

  • Sexta fase: Verificación de portabilidade en diversas plataformas hardware (alomenos este Proxecto será operativo en ordenadores Atari e PC compatibles) e elaboración da Memoria do Proxecto Fin de Carreira. Esta fase suporá entre quince e vintecinco días adicionais.


Medios Materiais

Os medios materiais que se empregarán para a elaboración deste Proxecto Fin de Carreira, e a súa documentación asociada, son:

  • Ordenador Atari Falcon030, 4MB de RAM y 85MB de Disco Duro
  • Monitor color Atari SC1224
  • Módem Pocket Telefónico Sitre MicroV32b
  • Compilador de C "Pure C", versión 1.1
  • Ensamblador 680x0 "Devpac", versión 3.0
  • Paquete de software TCP/IP "QA9Q-NOS"
  • Procesador de textos "Atari Works", versión 1.207
  • Editor de textos "Everest", versión 3.5
  • Impresora Hewlett Packard DeskJet500
  • Driver de xestión de fontes vectoriais "Speedo GDOS", versión 5.0b
  • Fonte vectorial Speedo Bitstream Charter
  • Fonte vectorial Speedo Bitstream Charter Black
  • Fonte vectorial Speedo Bitstream Charter Italic
  • Fonte vectorial Speedo Bitstream Charter Black Italic
  • Fonte vectorial Speedo Bitstream Cooper Black
  • Fonte vectorial TrueType Courier New

Na revisión e optimización das ferramentas implementadas se empregarán tamén, para asegura-la máxima portabilidade e compatibilidade coa maior parte do hardware do mercado, o seguinte equipo:

  • Ordenador PC Compatible, 80486-33Mhz, 4MB de RAM, 125MB de Disco Duro
  • Compilador de C "Borland C", versión 3.1
  • Paquete de software TCP/IP "Winsocket"

Por último sinalar que para obtene-la documentación necesaria para este Proxecto e para poder efectuar unha correcta verificación do mesmo é precisa a disponibilidade dun sistema informático con acceso á rede "Internet". Neste caso empregarase o equipamento da Área de Enxeñería Telemática da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo.


Bibliografía

A maior parte da bibligrafía empregada está constituida por documentos RFC (Request For Comments), de acceso público e gratuito, ampliamente difundidos en Internet. Os textos considerados máis representativos á hora de acadar unha idea global dos pasos precisos para cubri-los obxectivos propostos foron:


[LABCD]     Laboratorio de Comunicación de Datos
            Curso 94-95. Vigo, 16 de Marzo de 1.995
            Alvaro Manuel Gómez Vieites
            Carlos Gabieiro Martínez
            Jose Cadavid Jáuregui
            Jesús Cea Avión

[POWERNET]  Proyecto PowerNet
            Jesús Cea Avión
            Implementación de multitarea cooperativa en
            lenguaje C
            11 de Abril de 1.990

[RFC768]    RFC768: "User Datagram Protocol"
            Jon Postel
            Agosto 1.981

[RFC791]    RFC 791: "Internet Protocol"
            Jon Postel
            Septiembre 1.981

[RFC792]    RFC 792: "Internet Control Message Protocol"
            Jon Postel
            Septiembre 1.981

[RFC793]    RFC793: "Transport Control Protocol"
            Jon Postel
            Septiembre 1.981

[RFC826]    RFC 826: "An Ethernet Address Resolution Protocol or
            Converting Network Protocol Addresses to 48.bit
            Ethernet Address for Transmission on Ethernet
            Hardware"
            David C. Plummer
            Noviembre 1.982

[RFC854]    RFC854: "Telnet Protocol specification"
            Jon Postel
            Joyce Reynolds
            Mayo 1.983

[RFC862]    RFC862: "Echo Protocol"
            Jon Postel
            Mayo 1.983

[RFC863]    RFC863: "Discard Protocol"
            Jon Postel
            Mayo 1.983

[RFC959]    RFC959: "FILE TRANSFER PROTOCOL (FTP)"
            Joyce Reynolds
            Jon Postel
            Octubre 1.985

[RFC1035]   RFC1035: "DOMAIN NAMES - IMPLEMENTATION AND
            SPECIFICATION"
            P. Mockapetris
            Noviembre 1.987

[RFC1055]   RFC1055: "A NONSTANDARD FOR TRANSMISSION OF IP
            DATAGRAMS OVER SERIAL LINES: SLIP"
            J. Romkey
            Junio 1.988

[RFC1332]   RFC1332: "The PPP Internet Protocol Control Protocol
            (IPCP)"
            Glenn McGregor
            Mayo 1.992

[RFC1541]   RFC1541: "Dynamic Host Configuration Protocol"
            R. Droms
            Octubre 1993

[RFC1570]   RFC1570: "PPP LCP Extensions"
            Enero 1.994
            William Allen Simpson

[RFC1661]   RFC1661: "The Point-to-Point Protocol (PPP)"
            William Allen Simpson
            Julio 1.994

[RFC1662]   RFC1662: "PPP in HDLC-like Framing"
            William Allen Simpson
            Julio 1.994

[RFC1883]   RFC1883: "Internet Protocol, Version (IPv6)
            Specification"
            S. Deering
            R. Hinden
            Diciembre 1.995

[RFC1885]   RFC1885: "Internet Control Message Protocol (ICMPv6)
            for the Internet Protocol Version 6 (IPv6)
            Specification"
            S. Deering
            A. Conta
            Diciembre 1.995



Python Zope ©1996 jcea@jcea.es

Más información sobre los OpenBadges

Donación BitCoin: 19niBN42ac2pqDQFx6GJZxry2JQSFvwAfS